Michael Bay será o encargado de dirixir a adaptación ao cinema da novela de ciéncia-ficción de Wesley Chu Time Salvager para a Paramount Pictures.
Ambientada nun futuro onde a raza humana abandonou a Terra e colonizou as estrelas, céntra-se nun criminal convito chamado James Griffin-Mars, identificado coma un dun selecto grupo especialmente adaptado para as misións de viaxes no tempo que poderían adiar a desaparición da humanidade.e
Griffin é enviado ao pasado da Terra para recuperar recursos e tesouros sen alterar a liña temporal. Nunha misión final atopa a Elise Kim, unha misteriosa científica dun século pasado que está condeada a morrer durante a destrución dun plataforma no océano. James leva a Elise ao futuro con el, salvando a súa vida, pero convertendo aos dous en fuxitivos.
Lorenzo di Bonaventura e Mark Vahradian serán os produtores.