Elizabeth Banks (Pitch Perfect 2) está a negociar a súa incorporación coma directora do filme que adaptará á pantalla grande a novela para adolescentes Red Queen para a Universal Pictures.
Coma nunha mistura de Hunger Games, Cinderella e X-Men, a história está ambientada nun mundo dividido pola cór do sangue coa élite que posúe sangue prateado e poderes sobrenaturais oposta aos seres humáns normais, de sangue vermello e sen poderes.
Cando unha nena rebuldeira de sangue vermello salve ao seu millor amigo, é levada perante o rei e mais a raíña, onde de súpeto amosa ter poderes especiais. Para agochar estas novas, o rei invénta-lle un pasado coma princesa perdida e arranxa unha voda cun dos seus fillos.
Pero ela atópa-se nun conflito porque ten sangue vermello e vive no mundo prateado mentres tenta axudar a triunfar unha revolución dos normais. Gennifer Hutchison adaptou o guión.
Jake Weiner, Chris Bender, JC Spink e Pouya Shahbazian son os produtores.