A SyFy adaptará Hyperion á tele

0
592

A Syfy vai-se asociar cos produtores Bradley Cooper (American Sniper), Graham King (Argo) e Todd Phillips (The Hangover) para producir unha adaptación para a pequena pantalla da clásica obra mestra da ciéncia-ficción Hyperion, unha novela orixinal de Dan Simmons gañadora do prémio Hugo en 1990, para a Universal Cable Productions, a GK Films e mais a 22nd and Green Productions.

A história está ambientada na véspera do Armaxedón coa galáxia enteira en guerra. Sete pelegríns parten nunha viaxe á procura das respostas aos mistérios non resoltos das súas vidas. Cadaún ten un terríbel segredo, e un deles podería ter o destino da humanidade nas súas mans.

Cooper, King e mais Phillips serán os produtores executivos mentres ca Itamar Moses (Boardwalk Empire) escribirá o guión.

Nunha declaración oficial, Cooper dixo: “É unha honra absoluta participar no mundo creado por Dan Simmons que é posíbelmente unha das grandes obras de ciénciua-ficción, e axudar a leva-la a cabo para os espectadores da televisión“.