Un polo no burato de Dante

0
147
Teri Polo
Teri Polo

A actriz Teri Polo será a protagonista do vindeiro filme sobrenatural de Joe Dante, The Hole.

Ademais, e segundo confirmou o seu axente, Polo foi contratada para dous episódios da série de pantasmas da canle de televisión CBS, Ghost Whisperer.

The Hole vai sobre unha muller chamada Susan (Polo), unha nai que se muda cos seus dous fillos adolescentes a unha casa rural onde os tres son obrigados a se enfrontaren cos seus medos após de descobrir un pozo sen fondo nos alicerces da casa.

No proxecto, que conta cun guión de Mark L. Smith, tamén está Haley Bennett, quen interpreta a Julie, unha veciña atraída por un dos fillos de Susan.

A produción deste filme, que será rodado con tecnoloxía 3D, escomezará en Vancouver, Canadá, o vindeiro 5 de decembro.

Na série Ghost Whisperer, Teri Polo interpretará o papel da prometida dun persoaxe que está preto da protagonista, Melinda (Jennifer Love Hewitt).