Gambit xa ten quen o dirixa

0
383

O director de Rise of the Planet of the Apes, o inglés Rupert Wyatt, será o encargado do novo filme spin-off dos X-Men, Gambit, que protagonizará Channing Tatum no papel do mutante cajun.

Gambit é un mutante ladrón de New Orleans coa habilidade de empregar enerxía cinética dos xeito que millor lle pete. Dende a súa primeira aparición no número 266 de Uncanny X-Men (agosto 1990) convertéu-se axiña nun dos mutantes favoritos dos fans, e apareceu xa nun filme da Patrulla X, X-Men Origins: Wolverine, interpretado daquela por Taylor Kitsch.

Josh Zetumer escribiu o guión deste filme, que producirán Tatum, Reid Carolin, Lauren Shuler Donner e mais Simon Kinberg. A data de estrea está fixada para o 7 de outubro de 2016.