Spiderman é branco e hetero

1486

Após dos últimos cámbios producidos nas identidades dalgúns dos heroes e protagonistas mais famosos dos cómics por mor dunha pretendida aproximación ao políticamente correcto (Thor é unha muller, o Capitán América e mais Jimmy Olsen son agora negros…)  moitos fans comezaron a desacougar coa ideia de que Peter Parker sexa vítima dunha “versión actualizada”, que incluiría segundo os rumores ser negro, gai e traficante de drogas.

Así que por unha banda estaría o novo Spiderman, encarnado en Ultimate Comics: Spider-Man polo persoaxe de Miles Morales, e a necesidade dos estudos de facer algo diferente, pero pola outra banda está nada menos ca un acordo legal entre a Sony e mais a Marvel.

A revista Gawker desvelou un acordo entre a Marvel e mais a Sony que fixo público Wikileaks, polo que a primeira establece unha série de condicións moi estritas sobre o persoaxe. Este acordo entrou en vigor precisamente en setembro de 2011, xusto un mes despois de que Morales debutara nos cómics.

No acordo, calquera versión de Spiderman (Peter Parker ou non) debe ser: home, non gai, non pode ter escenas de sexo a non ser que el e mais a súa parella teñan mais de 16 anos, non pode abusar do alcool, non pode vender nin distribuír drogas, non pode fumar tabaco, non pode usar linguaxe non apta para nenos, non pode torturar e non pode matar de non ser en defensa de si mesmo ou doutros.

No acordo, se Peter Parker é Spiderman, daquela ademais deberá ser branco, heterosexual, orfo e criado pola súa tía May e mais o seu tío Ben, ambos de Queens, obtén os seus poderes pola picadura dunha araña cando estaba no coléxio ou na universidade en New York, deseña el mesmo o seu primeiro uniforme, e non deseña o uniforme negro simbiótico.

Por suposto, axustándo-se a este acordo legal, Spiderman podería ser alguén que non fose Peter Parker, ser italiano, transexual, fumar marihuana, consumir heroína e matar unha morea de xente se iso serve para defender a outros. Todas as opcións están abertas e agárda-se que a Sony tome unha decisión nos vindeiros días.