Tom Holland, o novo Spiderman oficial

0
350

A Marvel e mais a Sony chegaron por fin ao acordo non só de quen vai ser o seu novo Peter Parker, senón de quen vai tomar os mandos da súa primeira história.

O xoven actor inglés de 19 anos Tom Holland (The Impossible) fíxo-se co papel de Peter Parker, e por suposto tamén co do seu álias, o heróico trepamuros Spiderman, que será o persoaxe aprobado nesta nova versión do universo cinemático da Marvel.

Agárda-se que Holland faga a súa primeira aparición no papel de Spiderman no decurso do filme, actualmente filmándo-se, Captain America: Civil War, para asemade poder presenta-lo á audiéncia axeitadamente antes de ter o primeiro filme de seu en xullo de 2017.

Ao mesmo tempo, Jon Watts foi designado coma director do primeiro filme no que Spiderman aparecerá en solitário. Watts dirixiu o thriller independente Cop Car, que debutou este ano no festival de Sundance, e ademais dirixiu o filme de terror de 2014 Clown.