Un Harry Potter con moitas táboas

1182

A escritora da saga de Harry Potter, J.K. Rowling, anunciou que o ano que ven estreará-se no West End de Londres unha nova obra de teatro musical baseada no seu mundo fantástico.

Titulada Harry Potter and the Cursed Child, narrará a “parte nunca antes contada” da história do neno meigo que maiormente xira ao redor das vidas dos seus pais asasinados. Pero Rowling insiste que non será unha precuela.

Rowling fixo o anúncio o pasado luns no decurso da celebración polo 18 cabodano da publicación do primeiro libro da série. Ademais respondeu preventivamente unha pregunta óbvia, explicando por que esta história aparece no teatro e non nunha nova novela: “estou segura de que a audiéncia que vexa a obra estará dacordo en que este era o único médio axeitado de contar a história“.

O proxecto será unha colaboración entre Rowling, o escritor Jack Thorne e mais John Tiffany, que será ademais quen dirixa a obra. A cantante inglesa Imogen Heap comporá a música.