Del Toro tamén abandoa a Liga Escura

1115

Seica o realizador Guillermo del Toro abandoa un novo proxecto, nada novo no seu longo percorrido por case toda caste de proxectos inconclusos, polo que oficialmente xa non está vencellado ao proxecto de Justice League Dark, tamén coñecido coma o “Universo Escuro” da DC Comics.

Este luns chegaron as novas de que a Warners non seguiría adiante coa proposta de filme que adaptaría á pantalla grande ao persoaxes creados na DC Vertigo para a New Line. Ainda que a Warner Bros. Pictures ainda continúa adiante cos persoaxes principais da DC nos filmes Batman v Superman e Justice League, a súa división da New Line tiña a ideia de lanzar pola súa conta a outros superheroes non tan coñecidos.

O proxecto incluía a Sandman e mais a súa equipa de superamigos, coma John Constantine, Zatanna, Brand/Deadman e mais Jason Blood. Del Toro fora vencellado ao proxecto coma director, pero xa a primeiros deste ano suxeriu que mália que o guión xa estaba rematado, non ía ter tempo para se encargar da dirección.

Agora que está confirmada a súa saída da DC, del Toro encargará-se do seu moito mais modesto thriller gótico Crimson Peak e logo ocupará-se da secuela de Pacific Rim.