Van Rooijen no remake dos Paxaros

1403

O director holandés Diederik Van Rooijen (Daglicht) ven de ser contratado para se encargar do remake do clásico thriller de terror de Alfred Hitchcock The Birds para a Platinum Dunes, a Mandalay Pictures e mais a Universal Pictures.

O filme orixinal, baseado nun inquedante conto de Daphne du Maurier, ía sobre un membro da alta sociedade de San Francisco que se mudaba a unha pequena vila ao norde de Califórnia, onde de súpeto e sen ningún tipo de explicación é atacado por enormes bandadas de paxaros.

Os directores holandeses semellan aboados aos remakes de Hitchcock, porque xa en 1998 Gus Van Sant produciu e dirixiu un infame remake de Psycho.

Polo de agora non se sabe ren da cal vai ser o argumento da nova história. Michael Bay, Andrew Form, Brad Fuller, Peter Guber e David Zelon serán os produtores.