Unha Broma Asasina no cinema

1187

getmadA Warner Bros. Pictures ven de anunciar que o vindeiro título da DC Comics que vai ser levado ao cinema nunha película de debuxos animados será a adaptación do lendário cómic de Alan Moore Batman: The Killing Joke.

Bruce W. Timm será o produtor executivo deste filme, que incluirá un limiar de 15 minutos que axudará a poñer a história no seu contexto, fornecendo mesmo aos fans de toda a vida cun novo punto de vista dende o que contemplar ese clásico do cómic.

O argumento vai sobre o que semella ser a orixe do Joker e mais o tiroteo a resultas do cal Barbara Gordon fica paralisada, cambiando de Batgirl a Oracle. Polo de agora non se deu a coñecer o reparto de actores que emprestarán as súas voces aos persoaxes, e tan só sabemos que o filme será estreado ao longo de 2016.

Batman: The Killing Joke úne-se a outros dous filmes da DC que tamén entran en produción: a história orixinal Batman: Bad Blood, que presentará a Batwoman, e mais Justice League vs. Titans, na que se dará a coñecer aos Teen Titans por primeira vez no mundo dos debuxos animados.