Os 4F non serán en 3D

0
383

Nun abraiante cambio de último minuto que ninguén agardaba, os nosos colegas da Final Reel informan que o realizador Josh Trank ven de cancelar a conversión ao formato 3D do vindeiro filme de relanzamento dos Catro Fantásticos.

Así, o novo material promocional do filme xa eliminou as etiquetas “Real D 3D”. Segundo a 20th Century Fox, eles recebiron esta declaración literal de Trank: “Quero que a experiéncia visual de Fantastic Four fique o mais pura posíbel para a audiéncia, o que sinifica que sexa en 2D, tal e coma rodamos o filme“.

As especulacións sobre os verdadeiros motivos desta decisión non se fixeron agardar, e as exhaustivas novas rodaxes que se fixeron da película ultimamente fan pensar que non eran os millores tempos para un lanzamento en 3D. Todo semella indicar que os cartos que se ían empregar para a conversión a 3D foron usados para rodar outra vez as escenas que non gostaron.

O filme, en todo caso, estreará-se o vindeiro 7 de agosto.