O controvertido Ben Affleck seica colleu gusto polo persoaxe de Batman, e ainda que só o vimos polo de agora nalgunhas escenas soltas, xa semella disposto a continuar baixo a capucha orelluda moito tempo mais, e de feito non só actuando, senón tamén coma guionista e mesmo director dun filme no que Batman sería o único protagonista.
A prensa de Hollywood informa que as negociacións xa comezaron para ver a Affleck e mais a Geoff Johns unidos escribindo o guión dunha longametraxe que comezaría a se rodar xusto depois de que Affleck remate o seu traballo coma director de Live by Night.
Live by Night comezará a se producir en novembro, o cal sinifica que o guión non será considerado seriamente até ben entrado o anoi que ven. Isoto suxire que a data de estrea podería alongar-se até 2018 coma moi axiña, e iso sen ter en conta os compromisos de Affleck para lle dar vida a Batman nos vindeiros filmes da Liga da Xustiza.
Pola súa banda, a Warner Bros. Pictures non quixo facer comentários.