O director de Immortals e The Cell, Tarsem Singh, ven de pechar o acordo polo que se converte no responsábel de dirixir os dez episódios da recentemente resucitada série da NBC Emerald City, unha nova versión mais sinistra do clásico de L. Frank Baum The Wonderful Wizard of Oz, no que se dá á história un tón mais adulto, ao xeito de Game of Thrones.
A acción narra as aventuras de Dorothy Gale (Adria Arjona) cando ten xa 20 anos e mais do seu can policía, que son transportados por mor dun tornado a unha terra mística de reinos que compiten entre si, con guerreiros letáis, máxia negra e unha sanguenta batalla pola supremacía.
Oliver Jackson-Cohen e mais Ana Ularu uníron-se tamén ao reparto mentres ca David Schulner será o guionista e produtor executivo.