Unha precuela de Aladino na Disney

1062

A Disney Pictures continúa cos seus plans de facer versións con actores de carne e óso dos seus clásicos de debuxos animados. O último proxecto polo de agora é Genies, unha comédia que servirá coma precuela para o filme de 1992 Aladdin.

Damian Shannon e Mark Swift (Friday the 13th) serán os guionistas, mentres ca Tripp Vinson producirá o filme que se enfocará no reino dos xénios e revelará como o xénio de Aladino rematou escravizado dentro dunha lámpada.

O filme polo de agora está a dar os seus primeiros pasos, pero os plans a longo prazo inclúen asemade facer unha segunda parte, que sería xa co conto completo de Aladino que coñecemos polos debuxos animados.