Terror 6,000 metros baixo o mar

0
351

O veterán produtor Mike Medavoy (Black Swan, Shutter Island) e mais a All Nippon Entertainment Works van-se asociar para produciren conxuntamente unha adaptación ao cinema do manga de terror 6000.

A história está ambientada nunhas instalacións submariñas a seis kilómetros de profundidade baixo o océano. Hai tres anos un misterioso desastre matou a toda a tripulación obrigando a pechar a estación, e agora unha nova equipa é enviada para reiniciar os traballos.

Pero mentres recomeza o chóio nese ambiente claustrofóbico, comeza a xurdir a tensión e mais a paranóia por un perigo que podería estar a se agochar nas profundidades.