A Pixar prepara Don Quixote

0
193

Don QuixoteOs últimos rumores pola Rede, e especialmente o blog Upcoming Pixar, que informa de todo o que rodea aos famosos estudos de cinema americanos de animación, afirma que Up, un filme baseado na novela de Cervantes Don Quixote da Mancha, será unha das vindeiras películas da casa.

O clásico de Cervantes tivo xa várias adaptacións ao cinema, ainda que ningunha delas tivo éxito. É máis, esta obra mestra da literatura española ten certo aura de maldita no cinema, por mor dos proxectos fallidos de Orson Welles ou Terry Gilliam, que non chegaron a completar as suas películas.

Precisamente este nadal estreou-se en Galiza Donkey Xote, un filme en animación 3D da produtora galega Filmax dirixida por José Pozo. A fita, unha libre adaptación do clásico castelán, narra a historia de Don Quixote e Sancho Panza a través dos ollos do seu cabalo e o seu burro.

Un dos directores de Monstros S.A, Pete Docter, sería o responsábel de Up, cuxa data de estrea sería o 12 de xuño de 2009.