O que aconteceu co luns?

1129

Os veteráns Willem Dafoe e mais Glenn Close unirán-se ao conto de ciéncia-ficción de Tommy Wirkola What Happened to Monday? que está ambientado nun futuro onde a superpovoación e mais a fame obrigaron aos governos a tomar drásticas políticas de fillo único.

Sete irmás idénticas (interpretadas por Noomi Rapace) viven agochadas burlando ás autoridades facendo turnos e asumindo a identidade dunha soa persoa: Karen Settman. Cada unha das rapazas leva o nome dun día da semana e cada unha pode saír do apartamento no que viven só ún día usando a súa identidade común. Pero daquela, un día, o Luns non vove a casa.

Wirkola (Hansel & Gretel: Witch Hunters) dirixe este relato a partir dun guión escrito por Kerry Williamson e Max Botkin. Marwan Kenzari, Christian Rubeck e Pal Sverre Hagen son os outros protagonistas e a rodaxe escomezará en Bucuresti (Roménia) nos estudos Castel Film.