Asa Butterfield colonizará Marte

0
414

Gary Oldman (Tinker Tailor Soldier Spy), Carla Gugino (San Andreas) e mais Britt Robertson (Tomorrowland) unirán-se a Asa Butterfield (Ender’s Game) nunha longametraxe que será unha história de amor intergaláctica titulada orixinalmente Out of This World e que ía producir a Relativity Media. Agora nombergantes a encargada seica é a STX Entertainment.

A história en todo caso comeza durante unha misión para colonizar Marte liderada por un empresário billonário. Unha astronauta descubre que está preñada pero morre mentres dá a luz, e o seu fillo é criado en segredo en Marte.

Dezaséis anos despois, o rapaz (Butterfield) comezará un romance online cunha rapaza de Colorado (Robertson). O adolescente trama un plan para se atopar coa rapaza e mais co enigmático billonário coa esperanza de descubrir información sobre a súa nai e as circunstáncias do seu nacemento.

Peter Chelsom será o director e Richard Lewis o produtor.