Clooney no remake dos paxaros?

0
158
George Clooney
George Clooney

O longamente agardado remake de Os paxaros, que estará dirixido por Martin Campbell (Casino Royale) coa estrea prevista para xullo do ano vindeiro, ven de dar unha sorpresa, e é que George Clooney poderia ser o protagonista da mítica fita que en 1963 dirixiu o mestre do suspense, Alfred Hitchcock. Foi o protagonista do filme orixinal, Rod Taylor, o que revelou que o protagonista de Solaris podería retomar o seu papel nesta nova versión do clásico de Hitchcock.

Normalmente arrepío-me cando oio falar de remakes, pero neste caso esperarei para o valorar porque me dixeron que George Clooney é o favorito para protagoniza-lo“, afirmou Taylor. De se confirmar este rumor, Clooney compartiria planos con outra estrela de Hollywood, Naomi Watts (King Kong) que será a protagonista feminina da longametraxe.

Precisamente a que non está nada contenta coa ideia de facer un remake do filme, sexa con Clooney ou con calquera outro, é Tippi Hedren, a loira que corria despavorida diante das terríbeis bandadas de paxaros asasinos. “Non podemos atopar novas histórias, cousas novas que facer? Hai que estar moi inseguro para apañar un filme que é un clásico e tentar face-lo outra vez“, queixou-se a veterana actriz, nai de Melanie Griffith.