Remake de Ninja Scroll

0
187
Ninja Scroll
Ninja Scroll

Alex Tse escribirá o guión para adaptación con actores reais do clásico anime xaponés de 1993 Ninja Scroll para a Warner Bros.

Xunto con Akira e Ghost in the Shell, a longametraxe orixinal de Ninja Scroll é ún dos anime con mais sona dentro da escena global.

Ambientado no Xapón deudal, o filme con altas doses de sexo e violéncia de Yoshiaki Kawajiri trata dun ninja a soldo chamado Jubei que é obrigado a loitar contra un antigo inimigo que non se deterá ante nada con tal de derrocar ao governo coa axuda de oito guerreiros demoníacos que deben ser detidos a toda costa.

A produtora de Leonardo DiCaprio, a Appian Way, será a encargada de poñer os cartos para este filme (que non protagonizará DiCaprio) xunto á Madhouse Pictures e mais Jungo Maruta.

Tse non é novato nas adaptacións, porque da súa pluma xa saíron versións para propiedades de grande importáncia coma as versións para o cinema do Watchmen de Alan Moore, que ten previsto estrear-se en marzo, a versión de O Home Ilustrado de Ray Bradbury que dirixirá Zack Snyder ou The Winter of Frankie Machine de Don Winslow, que ten a Michael Mann na cadeira de director.