XVII Prémio Pablo Rido

0
201

O pasado sábado 25 de outubro celebrou-se en Madrid a cea de entrega da decimosétima edición do Prémio Pablo Rido de relato fantástico, cunha dotación económica de 666 euros e mais unha estátua conmemorativa.

Finalmente, o xurado declarou gañador do premio ao conto Hacia el survillón, de Ramón Muñoz.

Ademais do gañador, os finalistas deste ano foron:

  • Alejandro Carneiro, por “Una valla en la eternidad”.
  • Ernesto Fernández González, por “Mercenario”.
  • Venerando Solís Barrado, por “Simuversia”.
  • Eugenio Sánchez Arrate, por “El club de la mortaja”.

Asemade a Tertúlia Madrileña do Xénero Fantástico, organizadora deste certame, outorgou un prémio especial a Francisco Canales en homaxe aos seus anos de traballo como comisário do Prémio Pablo Rido.

Como xa se anunciara en maio de 2007, esta foi a derradeira edición do prémio, alomenos a derradeira que organiza a TerMa, deixando aberta a posibilidade a que outros grupos ou institucións queiran continuar a tradición.