Televisión Española traslada dende este mércores a súa série Plutón BBR Nero ao prime time da cadea. Deste xeito, a comédia de ciéncia-ficción creada por Álex de la Iglesia pasará a se emitir ás 22 horas, en lugar das 23:30 horas.
Con este adianto, a televisión pública intenta rendabilizar a súa série creada para La 2, que até agora resultou un tremendo fracaso de audiéncia, en parte porque viña despois das reposicións de Perdidos. Plutón BRB nero estreou-se o pasado 24 de setembro cun 5,8% de share, pero axiña perdeu seguidores e ficou cun promédio de 4%, o que subpón uns 500.000 espectadores á semana.
No último capítulo Valladares decide escribir as suas memórias, e para elo encarga a Querejeta que recolla cada suceso emocionante que aconteza e cada frase brillante que saia da sua boca. Nombergantes, Querejeta no terá ren que apuntar.
Mentres, a nave está a ficar sen enerxía porque cada tripulante utiliza os seus recursos para os seus própios intereses. Ainda que a situación é desesperada, nin sequera nesas circunstáncias Querejeta poderá escribir algo memorábel.