J.K. Rowling: o oitavo de Harry Potter?

0
181

J.K. RowlingA escritora inglesa J.K. Rowling, artífice da popular saga de aventuras do meigo xuvenil Harry Potter, confesou que non descarta escribir unha oitava novela ainda que precisou que, en todo caso, isto non acontecerá nos vindeiros dez anos.

Nunha entrevista concedida ao suplemento dominical do xornal The Times, Rowling admitiu que experimentou “intres de debilidade” nos que se prantexou levar a cabo un oitavo libro.

A autora inglesa, que sempre aclarou que a série de Potter remataría coa séptima parte, publicada en inglés o ano pasado 2007, desvelou que se se decedira a escribir un oitavo libro nel probábelmente non incluiría ao mesmo Harry Potter.

No caso hipotético de que algunha vez escribira un oitavo libro, dubido de que Harry fora ser o protagonista. Teño a sensación de que xa contei a súa história“, dixo Rowling ao xornal londinense.

O seu séptimo libro, Harry Potter and the Deathly Hallows, que sairá en galego o vindeiro día 21 co título de Harry Potter e as relíquias da morte, esgotou-se cunha abraiante rapidez nas librarías de todo o mundo cando saiu ao mercado o pasado mes de xullo.