Saw é a saga de terror máis lucrativa

902
Saw
Saw

Os espectadors que esta pasada fin de semana pagaron as súas entradas para o cinema para ver a quinta entrega da saga de Saw, estaban sen sabe-lo a contribuir a que grazas aos 30 millóns de dólares recadados, a série se convertise na que mási recadación obtivo na história do cinema de terror, chegando aos 316 millóns de dólares en total (uns 248 millóns de euros).

Por suposto, as competidoras de Saw teñen o problema de que apareceron nos anos 80, cando as entradas para o cinema non custaban nin a metade do que agora. Así, Halloween, Venres 13 e Pesadelo en Elm Street seguro que chegarían a superar a Saw de ter-se estreado nesta década. Ainda así, hai que recoeñcer que Saw xa superou a franquías moi venerábeis que mesmo chegaron ás once películas.

Un feito curioso é que antes desta fin de semana a carreira polo primeiro posto estaba moi competida. A saga de Venres 13 tiña 315 millóns de dólares, Elm Street 307 e Halloween tamén 307 millóns.

Pero ainda non está todo dito. En febreiro haberá estrea dunha nova película de Venres 13, co que os fans de Jason Voorhees poderán volver aupa-lo ao primeiro posto, se é que o seica xa inevitábel Saw VI que está previsto para outubro non ten nada millor que dicir. E os resto das sagas ainda non dixeron a súa derradeira palabra.