A Guerra dos Mundos na rádio española

0
190
A Guerra dos Mundos
A Guerra dos Mundos

O vindeiro día 30 de outubro, a Académia Española da Rádio ten previsto lembrar a revolucionária versión da Guerra dos Mundos que realizou Orson Welles en 1938, e para elo realizará en directo no Teatro Mira de Pozuelo (Madrid) a partir das 20:00 horas unha adaptación teatral da versión radiofónica que atemorizou aos Estados Unidos.

A Académia quere asemade celebrar os 70 anos da adapatación que fixo Orson Welles da clásica novela de ciéncia-ficción de H.G. Wells a un guión ofrecendo unha nova versión interpretada por algunhas das voces máis salientábeis da rádio española, e entre elas, as de Luis del Olmo, Juan Ramón Lucas ou Ángeles Afuera.

O proxecto conta até agora co patrocício da Cadea Ser, RNE, COPE, Onda Cero, Onda Rambla, Punto Rádio, Rádio Interconomía e Onda Madrid e quere ademais facer coincidir o día 30, data na que o daquela novo Orson Welles interpretou a obra, co Día da Rádio en España.

A interpretación de Orson Welles supuxo un antes e un despois na história da rádio. Ainda que advertiu claramente de que a história era fictícia, grande parte dos americanos que a escoitaron en 1939 estaban convencidos de que os extra-terresteres estaban a invadir de verdade a Terra.