Neil Gaiman escava tumbas

0
190
The Graveyard Book
The Graveyard Book

Neil Gaiman (Stardust) será o produtor dunha adaptación con acción real da súa novela best-seller The Graveyard Book.

A novela vai sobre Nobody “Bod” Owens, un rapaz normal que vive nunha tumba, onde é criado e educado polas pantasmas.

A tumba ten vários perigos e aventuras, un antigo Home Indigo baixo as cuíñas, un portal a un deserto que leva a unha cidade abandoada dos gules, e a extraña e terríbel ameaza do Sleer.

Desgrazadamente, se o rapaz abandoa a tumba, estará baixo o ataque dun home chamado Jack, que xa matou á família de Bod.

Framestore, unha empresa de efectos especiais que traballou en O Cabaleiro Escuro, está desexando producir filmes de seu e Gaiman dixo que está a traballar con eles: “Coido que imos facer exactamente o que pon no libro e iso é o que imos filmar. E coido que parte da ideia é que eles saben que poden facer os efectos especiais de xeito barato“.