Fans en apoio dos folguistas

0
166

Os folguistas en acciónOs fans das séries fantásticas de televisión nos Estados Unidos están a se orgaizaren para patrocinar unha poxa para apoiar aos guionistas de Hollywood, en folga dende hai meses.

O sítio web Fans4Writers está a recolleitar guións orixinais autografados da série de televisión Galactica Estrela de Combate, fotografías asinadas dos protagonistas de Serenity e da série Smallville, e máis do loiro vampiro Spike (James Marsters) de Buffy Cazavampiros.

Os benefícios que se obteñan desta poxa servirán para pagar anúncios na prensa en apóio dos guionistas en folga, do seu sindicato Writers Guild of America e do fondo de solidariedade da WGA.