Nelson escribe o guión para Shyamalan

0
174
30 Days of Night
30 Days of Night

Brian Nelson (30 Days of Night) será o guionista do thriller sobrenatural Devil (xa calificada para maiores de 13 anos nos Estados Unidos), o primeiro proxecto de M. Night Shyamalan dentro dun trato que inclúe tres películas de terror coa Media Rights Capital.

Baseada nunha história orixinal de Shyamalan, os detalles do argumento mantéñen.se en segredo, e tan só se sabe que os directores de Quarantine, John e Andrew Dowdle, serán os realizadores deste proxecto.

Sam Mercer será o produtor xunto a Shyamalan, unidos na súa empresa The Night Chronicles. Teñen previsto lanzar un novo filme por ano ao longo dos tres vindeiros anos. Shyamalan supervisará o desenvolvemento e mais a produción das películas.

A produción de Devil escomezará o ano que ven.