O director francés Pascal Laugier (Martyrs) está en negociacións finais para escribir e dirixir unha nova versión que servirá de relanzamento da franquía de Hellraiser para a Dimension Films.
O filme orixinal, de 1987, que dixiriu Clive Barker baseándo-se nunha novela que escribiu el mesmo, titulada The Hellbound Heart, narraba a história dunha esposa infiel que tentaba axudar a que o seu amente morto puidese fuxir do inferno.
A franquía presentou aos famosos Cenobitas e ao seu líder, Pinhead, quen se converteron axiña en iconas do terror. As criaturas, que levan unha máscara de goma atada con cordas e alfinetes, aparecen na história cando son invocadas utilizando unha antiga caixa crebacabezas.
Laugier, que asegura que será moi fiel ao material orixinal de Barker, é coñecido ultimamente grazas a que o seu filme Martyrs estáa erguer moita controvérsia por mor das súas esceas de violéncia estrema.