Amalric, novo falcatruán de Bond

0
201

Mathieu AmalricO actor francés Mathieu Amalric (Le Scaphandre et le papillon) interpretará ao principal personaxe malvado na vindeira 22ª entrega da saga de filmes de James Bond, ainda sen título oficial.

Amalric deberá enfrontar-se ao axente 007, encarnado novamente por Daniel Craig nesta produción da Columbia Pictures e da MGM.

Un executivo dos estudos confirmou asemade o papel de Jeffrey Wright, quen interpretou ao axente da CIA Felix Leiter no anterior filme, Casino Royale, e que repetirá o mesmo papel en Bond 22.

A rodaxe xa escomezou nos estudos Pinewood de Londres, case un mes máis tarde do que se tiña previsto orixinalmente. Ainda así, a data de estrea segue a se manter para o 7 de novembro, baixo a dirección de Marc Forster.

Pola súa banda, o xornal suízo Sonntags Zeitung informara de que o actor desa nacionalidade Anatole Taubman fora contratado para facer un papeliño tamén coma malvado opoñente de James Bond.

Mentres, os produtores Michael G. Wilson e Barbara Broccoli e mais os estudos están ainda considerando a quen contratar para o papel feminino protagonista, pero darán a coñecer a súa decisión dentro das vindeiras dúas semanas.