Greg Rucka, o guionista da vindeira série de cómic Journey to Star Wars: The Force Awakens – Shattered Empire, dixo que “as cousas se puxeron feas” durante o seu traballo.
A série, de catro números, ten lugar despois da batalla de Endor en O Retorno do Jedi e, coma todo o material de Star Wars producido pola Disney e mais a Lucasfilm, o que suceda nel será parte do canon oficial.
Rucka dixo nunha entrevista que mália a destrución da segunda Estrela da Morte e a morte do Emperador e mais de Darth Vader, o Império é aínda unha forza coa que ter coidado:
“O Império aínda tiña recursos. O Império aínda ten unha pdoerosa flota. Poden estar en desbandada após da batalla de Endor, pero coidar que nese baleiro a xente non se vai reforzar é ser curto de vista…
Aínda hai un Moff que di algo así coma ‘Vale, vou baleirar as contas do banco, vou mudar de nome e vou marchar a Aruba’. Xa sabedes que o hai.
Pero por cada Moff que fai iso, hai cinco que din ‘E unha merda vou deixar o posto. Temos soldados de asalto por un motivo. Saíde fóra e disparade a todos os rebeldes, terroristas, e deixáde-lles claro que o império da lei aínda existe’. Así que as cousas se poñen feas“.
Rucka usou os elementos da vida real da Primavera Árabe e do brutal réxime de Corea do Norde como influenzas no seu traballo incluíndo o control e mais a censura da información:
“Quen controla as ondas de rádio? O Império. Así que a Rebelión pode estar a chimpar enriba e abaixo e berrando con toda a forza dos pulmóns que Palpatine morreu, pero eu vos garantizo que esa mensaxe non lle chegará ao setenta por cento da galáxia. É un rumor, é un runrún“.
A piloto rebelde Shara Bey e mais o seu home Kes son os persoaxes principais deste cómic. no que tamén aparecen persoaxes da triloxía orixinal. A série de catro números estará dispoñíbel a partir do 2 de setembro.