O director de anúncios para a televisión Bruno Aveillan fará o seu debut nunha longametraxe coa segunda entrega da saga de Hansel and Gretel: Witch Hunters, unha secuela que tamén producirá a Paramount Pictures.
Os protagonistas da primeira parte, Jeremy Renner e Gemma Arterton, regresarán case con seguridade para esta continuación. A primeira película contou cun orzamento de 50 millóns de dólares e recadou 226 nos despachos de billetes de todo o mundo.
Tommy Wirkola escribiu e dirixiou o filme orixinal e vai ser o guionista da segunda entrega, mentres ca Adam McKay, Will Ferrell, Beau Flynn e Kevin Messick serán os produtores.