Haberá terceira tempada de The Strain

1095

No decurso da presentación da Asociación de Críticos de Televisión da FX, a canle anunciou que veñen de renovar por unha terceira tempada a série de vampiros de Guillermo del Toro e mais Carlton Cuse The Strain, e que comezará a se emitir a partir do verán que ven.

A série, cuxa segunda tempada se atopa arestora en emisión, está baseada nunha triloxía de libros. Ainda que a primeira tempada adaptou o primeiro tomo, Del Toro dixo que o segundo e mais o terceiro libro serán adaptadas en dúas tempadas cadansua, algo que a FX semella que non tivo problema en aceptar, xa que non deron en ningún intre motivos para pensar que a terceira tempada poida ser a derradeira, ainda que iso si, as seguintes tempadas contarán con tan só 10 episódios, no lugar dos 13 que teñen a primeira e mais a segunda.