Os plans de Millar para Superman

705
Superman
Superman

Dende o éxito do filme Wanted, que tiña moi pouca relación co cómic no que está supostamente baseado, Mark Millar foi acosado nas entrevistas que se lle fixeron por mor da súa participación na nova versión de Superman que el e mais un “grande director de acción de Hollywood“, do que non quixo revelar o nome, realizará en breve para a Warner Bros. Pictures.

Hai uns días por fin rachou o seu silenzo e revelou algúns detalles da súa cobizosa história épica de oito horas que segundo dixo “narrará a vida completa de Kal-El“.

Millar dixo que o plan é facer unha saga en tres partes, e cada filme estreándo-se un ano após do outro. E engadiu: “Vai ser coma Michael Corleone nos filmes do Padriño, a história completa dende o comezo até o remate, ves onde comeza, ves o que chega a ser e a onde lle leva iso“.

Millar dixo: “Quero escomezar en Krypton, hai mil anos, e rematar con Superman só no planeta Terra, o derradeiro ser vivo na Terra, mentres o noso sol marelo vólve-se vermello e comeza a ser unha supernova, e perde os seus poderes“.