A SyFy anúncia plans para Pórtico

3693

A canle Syfy ven de anunciar que ten plans para adaptar a obra mestra de Frederik Pohl Gateway a unha série de televisión, co produtor executivo e guionista de Battlestar Galactica David Eick e mais o guionista Josh Pate para versionar a novela a unha série de capítulos dunha hora de duración.

A série, que é orixinal da Entertainment One Television e mais a Universal Cable Productions, está ambientada após do descobremento dun asteroide ateigado de naves espaciais abandoadas hai moito tempo por unha raza alieníxena descoñecida chamada os Heechee. O persoaxe principal é o mineiro Robin Broadhead, quen ven de gañar o prémio de montar nunha das naves. O problema é que as naves foron preprogramadas polos áliens, e algunhas regresan cheias de minerais prezosos, convertendo en millonário ao seu tripulante, pero outras simplemente non regresan nunca. E non hai maneira de saber cal é cal.

Gateway
Capa da primeira edición, 1977

Estamos encantados de desenvolver esta fascinante história do Primeiro Contacto cos nosos parceiros de sempre, a Universal Cable Productions e mais a Entertainment One“, dixo Bill McGoldrick, vicepresidente executivo de contidos orixinais da Syfy. “Gateway é perturbadora e fai pensar, erguendo preguntas profundas sobre a posíbel relación da humanidade coa vida alieníxena“. Hai un ano a Entertainment One Television e mais a De Laurentiis Company anunciaran a súa intención de facer a série, pero seica finalmente a De Laurentiis deixou o seu posto á UPC.

David Eick colaborou na adaptación desta série xunto ao co-creador de Blood and Oil Josh Pate, revisando o guión do episódio piloto escrito por Pate. Os dous xa colaboraran anteriormente na série Falling Skies, e para Gateway serán produtores executivos.

Publicada orixinalmente en 1977 pola editorial St. Martin’s Press, Gateway (Pórtico, en galego) úne-se a outras dúas séries baseadas en novelas que realizará a SyFy: Childhood’s End e The Magicians.