Singer fóra de Superman?

0
200

Bryan SingerXa corre imparábel o rumor de que é altamente improbábel que o director de Superman Returns, Bryan Singer, regrese para rodar o seguinte filme do Home de Aceiro.

Singer está a rematar a produción do filme de nazis de Tom Cruise Valkyrie e prepara The Mayor of Castro Street, outra película afastada do xénero fantástico.

O seguinte Superman que miraremos na pantalla grande non será o protagonista de Superman Returns Brandon Routh, senón un Superman máis novo dentro dun grupo de superheroes na Liga da Xustiza, pero ese filme non se rodará até que remate a folga de guionistas.

Se relembrades, este rumor xa xurdira anteriormente en outubro. E daquela falára-se dun suposto guión de Mark Millar para o novo filme de Superman. Agora, a non ser que alguén da produtora diga o contrário, seica é cada vez máis certo que Singer non dirixirá esta secuela, que por certo levará o título de Superman: Man of Steel.