A NBC ven de lle dar a súa aprobación á rodaxe dun episódio piloto de Powerless, unha comédia de situación rodada cunha soa cámara e de média hora de duración, ambientada nunha oficina e que pretende ser unha versión de The Office pero con superheroes.

A Warner Bros. TV producirá e Ben Queen (A to Z) escribirá o guión e será o produtor executivo da série, que estará ubicada no universo da DC Comics. Os persoaxes principais serán xente ordinária traballando duro nunha das piores compañías de seguros dos Estados Unidos.

Ao mesmo tempo, envexan aos superheroes e aos seus superpoderes que se ven pola fiestra, mesmo que ás veces teñen que sofrir os danos colaterais causados polas pelexas entre todos eses superheroes e mais os superfalcatruáns. Ainda que está baseada nos persoaxes da DC Comics, ainda non se sabe que persoaxes concretamente farán a súa aparición ao longo da série.

Caso de ser aprobada, sinificaría que a DC tería alomenos un programa en catro das grandes cinco canles de televisión americanas. A única que fica fóra é a ABC, que pertence á Disney, polo que é terreo só para a Marvel.