Trevorrow dirixirá o Episódio IX

0
564

O segmento de Star Wars da presentación deste ano da D23 Expo en Anaheim comezou cun grande anúncio, que o director de Jurassic World Colin Trevorrow será o encargado de dirixir Star Wars: Episode IX. Nun anúncio de prensa non oficial, a Presidenta da Lucasfilm Kathleen Kennedy dixo:

Colin é alguén con quen levo interesada en traballar dende que vin Safety Not Guaranteed. O poder dese filme emparellado ao enorme éxito de Jurassic World fala marabillas das súas habilidades tanto coma narrador de histórias coma realizador de talento. Estamos encantados de ter ese incríbel talento coma é Colin uníndo-se á nosa família e entrando no universo de Star Wars“.

Trevorrow pola súa banda engadiu:

Este non é un traballo ou unha tarefa. É un asento no lume do acampamento, rodeado por un extraordinário grupo de narradores, realizadores, artistas e artesáns. Encargáron-nos narrar novas histórias para unha nova xeración porque eles merecen todo o que nós tivemos, unha mitoloxía á que chamar súa. Faremos isto canalizando algo que George Lucas inspirou en cada ún de nós: creatividade sen fronteiras, pura invención e esperanza“.

Trevorrow comezará a produción coa Lucasfilm nos vindeiros meses. O filme ten previsto estrear-se en 2019.