O guionista de Thor Christopher Yost vai-se mudar de Asgard a Eternia, porque ven de ser contratado para escribir o segundo guión do relanzamento de Masters of the Universe para a Sony Pictures e mais a Escape Artists.

Ambientada no planeta Eternia, a história vai sobre o príncipe guerreiro Adam, quen ten o poder de se transformar no superheroe He-Man. O seu maior inimigo é Skeletor, un falcatruán que quere facer-se co poder no castelo de Grayskull.

Baseada na liña de xoguetes da Mattel lanzada en 1976, a série de debuxos animados de He-Man comezou en 1983 e converteu-se nun grande éxito, dando orixe a unha película con acción real nos anos 80 que protagonizaron Dolph Lundgren e mais Frank Langella.

Terry Rossio e Jeff Wadlow escribiron o anterior guión deste filme, que producirán Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch.