Os videoxogos de Riddick

0
241
As Crónicas de Riddick
As Crónicas de Riddick

A Atari ven de mercar os dereitos para desenvolver e publicar unha secuela ao seu videoxogo baseados no filme As Crónicas de Riddick e outro videoxogo novo baseado en Cazapantasmas. A compra realizouna á empresa Activision Blizzard, que posuía os dereitos pero rexeitou realizar os dous proxectos após de se fusionar coa Vivendi Games este verán.

Atari confirmou que lanzará The Chronicles of Riddick: Assault on Dark Athena esta primevera. Será unha secuela do videoxogo da Vivendi de 2005 Chronicles of Riddick: Escape at Butcher Bay, que contou cunha cifra de vendas moi respectábel en todo o mundo e foi aclamada no seu día coma un dos millores videoxogos xamais realizados baseados en películas.

Ademáis de mercar os dereitos dos xogos á Activision Blizzard, a Atari ven de asinar un novo acordo de licéncia coa Universal que lle permitirá continuar facendo máis xogos de Riddick e converti-lo nunha franquía.

Os executivos da Atari non comentaron ren sobre Os Cazapantasmas, pero fontes achegadas á empresa confirmaron que tamén mercaran os edreitos para ese xogo e que teñen plans de publica-lo o verán que ve xunto ao 25º aniversário do filme orixinal.

Cóida-se que a Atari conta cun acordo de licenciamento semellante coa Sony Pictures para publicar novos xogos dos Cazapantasmas sempre que o primeiro teña éxito.