Clive Owen úne-se ao Valerian de Besson

0
558

Clive Owen unirá-se a Dane DeHaan e Cara Delevingne no vindeiro filme de Luc Besson, a película de ciéncia-ficción épica Valerian da EuropaCorp. Besson fixo o anúncio nun post da súa conta de Instagram.

A longametraxe será a primeira adaptación ao cinema do clásico cómic francés Valérian et Laureline, e nela DeHaan interpretará a un axente que viaxa polo tempo e mais o espazo nunha Terra do futuro. Delevingne será a súa compañeira rúbia, Laureline.

Moitos médios nacionalistas franceses consideran que este cómic foi a principal fonte de inspiración de George Lucas para crear a saga da Guerra das Galáxias. Outros van mais aló e mesmo chegan dicir que tamén inspirou o filme The Fifth Element.

Owen pola súa banda interpretará a un persoaxe chamado comandante Arun Filitt. A produtora EuropaCorp encargará-se da financiación, a produción e mais a distribución.