EN BREVE 19. Jan 2021 Joseph Mallozzi , un dos habituais produtores de Stargate , ven de ficar vencellado a unha nova série que adaptará para a tele a triloxía de novelas de fantasía épica Powder Mage , orixinal do escritor e produtor Brian McClellan . Mallozzi encargará-se do guión do episódio piloto, coa ideia de crear unha série con capítulos dunha hora de duración que se situará nas Nove Nacións, un mundo fantástico onde a máxia e a tecnoloxía do século XVIII enfróntan-se co telón de fondo dunha revolución sociopolítica e co regreso dos míticos deuses en loita polo control da humanidade.
15. Jan 2021 Mália a súa retirada após Avengers: Endgame , Chris Evans podería repetir o seu papel de Steve Rogers/Capitán América para a Marvel Studios. Os detalles polo de agora son vagos, e só se sabe que podería aparecer nalgunha série ou mesmo nun novo filme, que en todo caso non sería protagonizado por el, senón por algún otro superheroe, e o Capitán América aparecería coma convidado ou secundário salientábel, do mesmo xeito que Robert Downey Jr. aparece en Spider-Man Homecoming .
12. Jan 2021 Vera Farmiga será a protagonista e produtora do conto de fadas de terror Bad Bloom . A rodaxe comezará na segunda metade de 2021 e Bryce McGuire fará o seu debut coma director da história, sobre unha família que vive incomunicada nunha remota illa, na que manteñen a unha creatura misteriosa baixo garda, até que un día un dos nenos se decata de que o monstro que temían non é o monstro que imaxinaban. Renn Hawkey , Jon Rubinstein e Galt Niederhoffer serán os produtores.