Fear the Walking Dead racha todos os récords

1225

O episódio piloto de 90 minutos emitido a noite deste domingo pola canle AMC da súa nova série de zombis Fear the Walking Dead fixo história da televisión ao axuntar a 10,1 millóns de espectadores e converter-se no primeiro episódio dunha série con mais espectadores da história da televisión por cabo. O programa foi especialmente atraínte para os espectadores que mais interesan aos directivos, os adultos entre 18 e 49 anos.

Nesa franxa agora a AMC ten tres dos cinco programas mais vistos: Fear the Walking Dead no número 1 (este ano), Better Call Saul no número 2 (tamén en 2015) e The Walking Dead no 5° posto (en 2010) un éxito nada desdeñábel na era post-DVD. Ademáis, un programa especial titulado Talking Dead que incluiu un adianto da sexta tempada de Walking Dead que precediu á emisión reuniu a outros 4,2 millóns de espectadores.

Moitas grazas e felicidades a Robert Kirkman e Dave Erickson, os brillantes produtores executivos e a toda a equipa e ao reparto de Fear the Walking Dead“, dixo Charlie Collier, presidente da AMC e da SundanceTV. “É cada vez mais difícil evaluar o éxito dun programa por unha noite. Nombergantes, publicamos estes ratings porque Fear the Walking Dead acadou cifras que rachan os récords que son moi especiais nesta era de cámbios de canle e fragmentación das audiéncias“.

A primeira tempada de Fear the Walking Dead durará seis episódios ao longo deste outono, e a série regresará o ano que ven con outra tempada de 15 novos capítulos.