A 20th Century Fox anunciou a contratación do director da saga de The Maze Runner, Wes Ball, para que se encargue da súa mais recente franquía, a adaptación ao cinema do libro de fantasía ilustrada Fall of Gods, creado pola compañía danesa Mood Studios mediante crowfunding.

O deseñador da Mood Rasmus Berggreen e mais o guionista da saga de videoxogos Hitman, Michael Vogt, asociáron-se para este proxecto que explora a mitoloxía nórdica e quere conservar a eséncia das lendas escandinavas dun xeito que tenta ser mais realista cá saga de Thor no cinema.

Ambientada nun reino povoado polos humáns e mais os Jotnar, a história vai sobre un guerreiro chamado Vali que atopa a paz nos brazos dunha muller. Pero cando ela desaparece, el deberá atopar a axuda das creaturas de Jotunheim e mais do poderoso Aesir para volver ser o home que fora antes de que decedise enterrar a súa vida coma guerreiro.

Ball, Steve Tzirlin, Joe Hartwick Jr. e mais Brooklyn Weaver serán os produtores.