Darren Aronofsky fala de RoboCop

0
164
Darren Aronofsky
Darren Aronofsky

O director Darren Aronofsky, que se encargará do vindeiro remake do clásico Robocop, desvelou nunha recente entrevista algúns detalles do que será o seu proxecto.

É unha auténtica reinvención“, dixo ao responder aos rumores que apuntaban a que o seu filme podería dalgún xeito ser unha continuación ou unha secuela directa do orixinal de Paul Verhoeven de 1987. “Eu e David Self estamos a traballar no guión. El é un magnífico, magnífico escritor e estamos a tentar facer algo novo e fresco. Xa veremos o que pasa cando chegue o guión“.

Non quixo desvelar que elementos se evitarían do clásico do ciberpunk o se habería espazo para un cameo do Murphy orixinal, o actor Peter Weller: “Son un grande fan do orixinal. Ainda mantén-se coma unha película abraiante, e coido que é mais ollar ese tipo de material no século XXI e ver a onde nos leva“.