Radcliffe coas vítimas do Holocausto

0
217

Daniel RadcliffeO protagonista de Harry Potter, o xove actor Daniel Radcliffe, donou o primeiro par de gafas que levou posto cando era neno a unha exposición en Liverpool, Inglaterra, sobre os horrores do Holocausto.

O actor uniu-se asemade a outros famosos e membros do público que deixaron alí as súas gafas para que todas xuntas formen unha grande vía de camiño-de-ferro, en relembranza dos trens que levaron a moitas vítimas dos nazis aos campos de concentración en toda Europa.

A exposición abrirá o 21 de xaneiro e a vila portuária albergará as conmemoracións co gallo do Día do Holocausto en Inglaterra o 27 de xaneiro, aniversário da liberación de Auschwitz.

Jason Isaacs, que interpreta ao malvado Lucius Malfoy nos filmes de Potter, tamén tomará parte no servizo relixioso.

Radcliffe, ten 18 anos e a súa nai é xudea. Entregou as gafas metálicas e ovaladas que levou postas dende que tiña 6 anos.

Os organizadores queren acadar un total de 110.000 pares de gafas. Cando se instalen dentro da sala de baile principal do Concello de Liverpool, os espellos multiplicarán o número de gafas totais e darán a semellanza de seren 330.000 pares, o número estimado de xudeus ingleses que había nos tempos do Holocausto.

Após de que se clausure a exposición, as gafas dos famosos serán poxadas para actos de caridade, mentres que as dos demáis serán entregadas a diversas origanizacións que as repartirán en países subdesenvolvidos.