Spiderman 4 terá un Pulitzer

0
171
David Lindsay-Abaire
David Lindsay-Abaire

O dramaturgo David Lindsay-Abaire, que gañou o prémio Pulitzer en 2007 pola súa obra de teatro Rabbit Hole, está en negociacións finais para se covnerter no guionista da cuarta entrega da saga cinematográfica de Spiderman para a Columbia Pictures.

Sam Raimi e Tobey Maguire regresarán como director e protagonista, respectivamente, así coma os produtores Laura Ziskin e Avi Arad. Agárdase asemade que a actriz Kirsten Dunst repita o seu papel coma Mary Jane neste novo capítulo da saga do persoaxe da Marvel Comics.

Os detalles do argumento mantéñen-se no mais absoluto segredo.

Non é a primeira vez que a Columbia encarga un traballo deste tipo a persoaxes importantes no mundo da literatura. Alvin Sargent, un veterán guionista coñecido polos filmes de 1973 Lúa de Papel e mais o de 1980 Xente Normal, foi o guionista da segunda e terceira parte. E Michael Chabon, outro escritor gañador dun Pulitzer, tamén traballou en Spiderman 2.

James Vanderbilt escribira xa un esbozo de guión para Spiderman 4.

A obra de Lindsay-Abaire Rabbit Hole, quen actualmente está a escribir a versión para o teatro de Schrek, estreou-se en Broadway en 2006 e gañou catro prémios Tony, os Oscars do mundo do teatro. O escritor revelara en anteriores entrevistas que as súas obras tenden a estar cheas de xente estraña, estranxeiros na procura de claridade. E a elección deste guionista sen dúbida di moito ao respeito do persoaxe central, e de que Peter Parker será o protagonista absoluto da cuarta entrega, que pretende evitar algunhas das críticas que recibiu a terceira parte.