Straczynski no remake do Planeta Prohibido

0
187
J. Michael Straczynski
J. Michael Straczynski

J. Michael Straczynski, guionista de cinema e cómic e creador de moitas séries e filmes fantásticos, entre os que se atopan Babylon 5 ou Jeremiah, está a escribir o guión do remake do clásico da ciéncia-ficcion de todos os tempos Planeta Prohibido para a Warner Bros, un filme que Joel Silver producirá a través da súa empresa, a Silver Pictures.

A Warners se fixo co proxecto a princípios deste ano. Até finais de 2007 a DreamWorks tiñaa intención de facer o remake coa axuda do director David Twohy, e antes diso a New Line era a posuidora dos dereitos. Entre os nomes que estiveron algunha vez vencellados ao proxecto están os de James Cameron, Nelson Gidding e Stirling Silliphant.

Lanzada en 1956, Planeta Prohibido narra a história dunha expedición enviada dende a Terra para unha colónia científica situada moi lonxe. Alí atopan a dous membros, un home que atopou tecnoloxía extra-terrestre e utilizouna para dobrar a súa capacidade intelectual, o Dr. Morbius, e mais a súa filla, e ambos os dous son os únicos superviventes do ataque dun monstro que está a asolar o planeta.

O filme, dirixido por Fred Wilcox, estaba protagonizada por Walter Pidgeon, Anne Francis e mais Leslie Nielsen antes de se converter no histriónico actor que é hoxe, pero sobre todo relémbra-se polo persoaxe de Robbie o Robot.