Poxa polo Inferno

0
202
O inferno de Dante
O inferno de Dante

Catro estudos están na liña de saída para unha poxa que se promete apaixoante por se facer cos dereitos dun novo videoxogo da Electronic Arts que ainda non foi anunciado públicamente.

O xogo, do que se agarda que apareza a finais do ano que ven, inclúe unha viaxe polas profundidades do inferno. A EA ainda non lle deu un título oficial, ainda que fontes internas consultadas por NOVA FANTASIA afirman que é moi probábel que o seu título sexa Dante’s Inferno, coma unha moderna interpretación do poema épico do vate italiano Dante Alighieri.

A Electronic Arts rexeitou facer declaracións, que poderían poñer en perigo o futuro do trato coas produtoras de cinema.

Os catro estudos implicados na poxa son a Universal, a Paramount, a New Regency e mais a MGM, porque a Warner Bros. abandoou a competición antes de que dera comezo. O trato é de todos os xeitos pouco normal xa que Dante’s Inferno ainda non foi lanzado ou tan sequera amosado ao público. Os estudos sempre esixen ver como funcionan os videoxogos no mercado antes de se decidiren a adaptalos á pantalla grande.

A EA é unha emrpesa moi activa nisto de licenciar os seus produtos a Hollywood. Hai uns días vendeu Army of Two á Universal con Scott Z. Burns (O Ultimato de Bourne) como guionista e Scott Stuber producindo. E o proxecto de Os Sim está en desenvolvemento pola Fox baixo a produción de John Davis. Ademáis, o produtor de Spiderman, Avi Arad, fíxo-se cos dereitos do videoxogo Mass Effect.